lunes, 23 de mayo de 2016

A liberdade de Marcela


A maioría da clase de 2º ESO-A do IES "Xulián Magariños" de Negreira fixo un pequeno stopmotion (algo movido de máis) sobre a historia da pastora Marcela que aparece no capítulo XIV do Quijote.
Esta fermosa pastora, a pesar dos requerimentos de moitos pretendentes, mesmo dun, Grisóstomo, que se suicida ao ser rexeitado, prefire vivir libremente na natureza, no campo, que aceptar calquera proposta de matrimonio. Aí queda para reflexionar... O tema foi escollido por toda a clase de entre varios propostos da obra de Cervantes.
Esperamos que vos guste. Nós pasámolo moi ben movendo os cabaliños!

https://youtu.be/ehrGC4fDIhY

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada